UN POUCO DE HISTORIA

As primeiras ideas de facer unha travesía a nado en augas abertas nacen alá polo ano 2014, cando un grupo pequeno pero selecto de nadadores e amigos organizamos un modesto evento para a tarde do primeiro venres de Setembro. O obxetivo non era outro que pasar un bo anaco e engadir un pequeno reto de superación persoal para cada un dos membros de dita expedición, ainda que non a todos se nos fixo pequeno. Sete éramos os valientes que tomamos parte desta primeira edición de 'A Gansada'. Ainda sendo tan poucos, levabamos embarcación de socorro, seguridade ante todo. Non houbo que contabilizar ningunha baixa humana :D.

O RECORRIDO

Sinxelo a priori, pero coas suas trampas. A saída sería dende a praia de Gandarío. Adentraríamonos na ría e intentaríamos chegar ao peirao de Sada, o cal se pode divisar dende a saída, a referencia era unha visible capa de uralita azul ceo. O percorrido era prácticamente en línea recta, iso sí, polo camiño non había ninguna baliza de sinalización, o que lle poría máis picante a dita travesía. E decimos máis picante porque o mar adoita estar bravo saindo da praia de Gandarío e co vento e as olas de cara... ou alo menos ise día (e nalgunas edicións máis tamén). A distancia tampouco parecía coser e cantar para os participantes: 1900 metros de auga salgada.

EXPERIENCIAS

O realmente importante de A Gansada, non é a travesía en sí, se non todo o que consigo arrastra. A Gansada xerou un sentimento de unidade a un recén nacido por aquel enton Kurai, e un nexo de unión co deporte e os amigos. Dende ise primeiro ano disfrutamos ao máximo, rimos e celebrámolo a máis non dar. Isto e máis que una motivación que atopamos para poder compartilo con máis amigos de cara as próximas edicións para que poidesen disfrutalo connosco.

Cartel II Gansada.

Premios na II edición.

Saída 2019.

A GANSADA HOXE

A día de hoxe, A Gansada vai xa camiño da súa VII edición, nada máis nin nada menos. A travesía medrou moito, primeiro internamente, coa implicación de tódolos membros do clube participando na travesía e colaborando na organización, e tamén hacia o exterior con moitos clubes amigos que nos apoian. Na VI edición chegamos a 170 inscritos!

EVOLUCIÓN

A Gansada intenta manter a esencia e sentimentos daquela primeira edición. O percorrido case non cambiou, a saída é a misma pero agora a meta é na praia de Sada onde tras os xa ditos 1900m espera un gran arco de meta e a calor dos ánimos de amigos y familiares.

ALCANCE

A día de hoxe temos que resaltar que a travesía converteuse nunha das máis populares de toda la provincia de A Coruña. Gracias a todolos participantes e as súas palabras de ánimo ano tras ano, conseguimos poñela no calendario de travesías e non só iso, se non que intentamos que cada participante disfrute tanto como o fixemos nos aquela primeira vez.

Saída 2019.

Actividades Kurai

O post-Gansada.