KURAI LEYENDS
Kurai Leyends nace coma un grupo especializado de adestramento para aqueles que sodes máis exixentes e estrictos coas vosas rutinas.Ofrecémosche a posibilidade de que un adestrador cualificado en tríatlon (nivel 2)planifique os teus adestramentos e obxetivos da tempada. Así teñas como obxetivo unha carrera popular de 10kms. rematar un ironman ou competir ao máis alto nivel temos un plan para ti. O noso adestrador adaptará o plan as tuas necesidades.
¿TRAINING PEAKS?
Empregamos a plataforma Training Peaks para poder crear o teu plan de adestramenteo personalizado e programar as tuas rutinas. Cada semana atoparaste coa tua planificación persoal de adestramentos. Os adestramentos sincronizanse cos teus dispositivos Garmin, Sununto, Polar... e unha vez rematados subiranse automaticamente á plataforma. Alí o adestrador poderá ver o teu avance e adaptalo a medida que che vaia coñecendo. Ademáis, e moi importante, poderás ir dando feedback adestramento a adestramento das tuas sensacións e dificultades.